Porque os tios son os xefes e as tias unhas putas?
Neste artigo trato de reflexar como continuamos vivindo nunha sociedade machista. Entre os xoves, hai unha diferenza clara no que respecta á educación sexual. Os homes son os que dan o paso, os que van decididos á rapazaque queren e que lles gusta,para cortexala, conquistala e namorála . Elas, deben esperar a que o home dea o paso para poder falar, flirtear e despois... o que xurda. Esta é a imaxe que a sociedade ten que deberia ser o sexo entre os xovens.Pero enganan-se. A mocidade deberia poder difrutar do sexo, sen que haxa barreiras, obrigas nen ridículos códigos de conducta. Hoxe en dia, a muller fai un uso maior da sua liberdade neste esquema de relazóns, e, en moitas ocasións, isto non é ben visto pola sociedade. Son as próprias mulleres, na maioria dos casos, as que son machistas.
- Fulaniña se lió o luns con Javier, e o xoves estaba con Esteban.
- , Que Fulaniña fixo tal cosa? ¡ Miúda puta!
Este tipo de comentários son frecuentes, e en moitas ocasións, realizados e criticados polas mulleres. Agora poñamos o caso de que Esteban praticase sexo con tres mulleres diferentes nunha semana. Cais serian os comentários que se farian sobre el? Os homes dirian:
- Ey tio, , inteirache-che de Esteban? O que chefe! Con tres tias en seis dias
Sen embargo... , Cais serian os comentários das rapaces? Gostaria-me que expusiérais as vosas opinións sobre este tema. ¿ É certo iso? Debemos ser os homes, os que deamos o primeiro paso?...
0 comentarios